A Casa da Herba é un pequeno albergue situado na Praza da Alfóndiga, en pleno centro histórico de Redondela. Ao pé do Camiño de Santiago, A Casa da Herba pretende ser un albergue que ofreza máis que un lugar agradable para durmir. O albergue está especialmente pensado para peregrinos, persoas de paso, turistas ou grupos de amigos ou familias. A nosa pretensión é que o voso paso por Redondela se converta nunha oportunidade para coñecer e experimentar a vila e a súa contorna nun ambiente confortable con óptimas condicións.